De Botóns

  • Descripción
  • Comentarios

Presentámosche o cancioneiro De Botóns. Deste xeito se lle chama aínda hoxe ao acordeón diatónico en moitas zonas da Galiza.

Consta dunha selección moi escollida de repertorio tradicional galego e das comarcas da contorna adaptadas e arranxadas para iste instrumento. O repertorio abrangue desde o vocal ata o de gaita, pasando polo das murgas e orquestinas, o propiamente acordeonístico ou o de outros instrumentos coma violinos e harmónicas. Son máis de cen cancións reelaboradas dende unha profunda perspectiva musical e antropolóxica e , inevitablemente, con certo carácter didáctico.

Ao tratarse de partituras que ademáis da tabulatura propia do diatónico están escritas na linguaxe musical convencional cunha proposta harmónica e rítmica, proporciona un material moi interesante para empregar con outros instrumentos, ben con un obxetivo artístico, ou como punto de partida para propostas pedagóxicas dos mestres e mestras. Engadimos un apéndice de fotografías históricas, na súa meirande parte inéditas, de acordeonistas históricos da Galiza, mulleres e homes, con toda a súa documentación no referente a autoría, ano, fondo, etc; así coma unha parte bibliográfica coa orixe e información sobre o repertorio. Ademáis, o libro comeza cun limiar escrito pola nosa querida amiga Ugia Pedreira.

Somos dous autores grandes coñecedores deste instrumento, Carlos Quintá e Pedro Pascual, xunto a colaboradores especialistas en diferentes áreas: Benxamín Otero no apartado de revisión de partituras, José Dopico Orjais no que corresponde a documentación e bibliografía, e o deseño e imaxes de Esclusivas MBG.

Despois de cinco anos de elaboración nace este traballo, feito desde Galiza cun carácter internacionalista, co fin de que poda chegar a acordeonistas diatónicos e instrumentistas non só da Galiza e da Península Ibérica, se non de Europa e outros continentes.

Este libro sae adiante grazas ao soporte de cada persoa colaboradora, de todas e todos vós e sen apoio da administración pública, a pesar dos nosos intentos.

RECOMPENSAS

As formas nas que podes colaborar para que este proxecto saia adiante son:

 

5 euros: O teu nome aparecerá na lista de mecenas incluída no Fol de postais e no libro De Botóns. Grazas por facer posible iste proxecto.

12 euros: Un exclusivo Fol de postais co deseño para o libro de Exclusivas MBG, e 6 postais con fotografías históricas do acordeón diatónico en Galicia; todas elas documentadas co título, ano, fondo ao que pertencen e autoría. O teu nome aparecerá na lista de mecenas incluída no Fol de postais e no libro De Botóns.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS FOL POSTAIS: TAMAÑO 78X18 CM. ABERTO. IMP. A 1/1 TINTA BN. SOBRE CARTOLINA RECICLADA CYCLUS OFFSET DE 350 G.. PLEGADO EN ACORDEÓN, CON 5 PERFORADOS. 8 POSTAIS + PORTADAS CON LAPELA DOBRE.

18 euros: Camiseta exclusiva de materiais naturais e sostibles con un deseño de Exclusivas MBG en relación coa capa do libro. Corte para muller e home. O teu nome aparecerá na lista de mecenas incluída no Fol de postais e no libro De Botóns

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS CAMISETA: CAMISETA ORGÁNICA 100% ALGODÓN. DOBRE COSTURA.160 GR. IMP. SERIGRAFÍA 2/0 TINTAS. BRANCO 2 PASADAS + NEGRO

28 euros : Pack de camiseta e Fol de Postais. O teu nome aparecerá na lista de mecenas incluída no Fol de postais e no libro De Botóns.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS FOL POSTAIS: TAMAÑO 78X18 CM. ABERTO. IMP. A 1/1 TINTA BN. SOBRE CARTOLINA RECICLADA CYCLUS OFFSET DE 350 G.. PLEGADO EN ACORDEÓN, CON 5 PERFORADOS. 8 POSTAIS + PORTADAS CON LAPELA DOBRE.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS CAMISETA: CAMISETA ORGÁNICA 100% ALGODÓN. DOBRE COSTURA.160 GR. IMP. SERIGRAFÍA 2/0 TINTAS. BRANCO 2 PASADAS + NEGRO

 

48 euros: Cancioneiro galego para acordeón diatónico De Botóns. O teu nome aparecerá na lista de mecenas incluída no Fol de postais e no libro De Botóns.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS Libro: tamaño 31,5×21,5 cm. de 224 pax. interiores + portada. portada: con lapelas de 20 cms., imp a 4/0 tintas, sobre cartolina cyclus offset de 350 g. interior: 220 pax. impresas a 1/1 tintas, sobre papel cyclus offset de 120 g. + 4 pax. impresas a 4/0 tintas, sobre papel RECICLADO cyclus offset de 170 g. encadernación fresada cola PUR + EVA.

70 euros: Pack de Cancioneiro De Botóns, Fol de postais e camiseta. O teu nome aparecerá na lista de mecenas incluída no Fol de postais e no libro De Botóns

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS Libro: tamaño 31,5×21,5 cm. de 224 pax. interiores + portada. portada: con lapelas de 20 cms., imp a 4/0 tintas, sobre cartolina cyclus offset de 350 g. interior: 220 pax. impresas a 1/1 tintas, sobre papel cyclus offset de 120 g. + 4 pax. impresas a 4/0 tintas, sobre papel RECICLADO cyclus offset de 170 g. encadernación fresada cola PUR + EVA

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS FOL POSTAIS: TAMAÑO 78X18 CM. ABERTO. IMP. A 1/1 TINTA BN. SOBRE CARTOLINA RECICLADA CYCLUS OFFSET DE 350 G.. PLEGADO EN ACORDEÓN, CON 5 PERFORADOS. 8 POSTAIS + PORTADAS CON LAPELA DOBRE.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS CAMISETA: CAMISETA ORGÁNICA 100% ALGODÓN. DOBRE COSTURA.160 GR. IMP. SERIGRAFÍA 2/0 TINTAS. BRANCO 2 PASADAS + NEGRO

1.200 euros: Para grupos de 20 persoas. Pequeno concerto co repertorio do cancioneiro e coloquio cos autores. 20 libros, vinte Fol de postais e 20 camisetas. O teu nome aparecerá na lista de mecenas incluída no Fol de postais e no libro De Botóns 

 

SOBRE OS AUTORES

Pedro Pascual

Coñece varios instrumentos. Dende moi novo comeza o seu contacto ca música tradicional de Galicia descubrindo posteriormente outras , como as músicas do mundo ou o jazz.

A súa formación é autodidacta, porén asistiu a cursos en toda Europa con importantes músicos como Anne Niepold, Stephane Milleret, Yanick Martin, Alain Pennec, Norbert Pignol, Vincent Ansaldi, Joseba Tapia, Alain Pennec ou Loïg Troel. Vencellado directamente a proxectos coma Laio, Talabarte, Marful,… Director artístico de espectáculos como Ao Pe da Letra, Descarga ao Vivo, Opening Womex 2016, … Traballou tanto en gravacións como en directo, con notables solistas e músicos do panorama das músicas tradicionais como Leilía, Uxía Senlle, Xosé M. Budiño, María Salgado, Jacky Molard, Soïg Siberil, Donal Shaw, Vartina, Tony McManus, Mercedes Peón, Pierre Invert, Mairin Fahy, Kathryn Tickell, Daniel Lapp, Javier Bergia, Kepa Junkera, Harry Manx, Tanya Tagaq, Jorge Drexler, Guadi Galego, Pablo Milanés, Najla Shami, Narf, Carmen París, Fetén fetén, Fred Martíns …

Realiza Composicións orixinais, bandas sonoras e spots como: Ano da Música en Pontevedra, Ao Pe da Letra, Os homes só contan ata tres, O Barco da Memoria, Trece Badaladas, Xente con Xente, Coa comida non se xoga, Cucuducho, La isla de las mentiras. Produtor musical en traballos de Najla Shami, Fred Martins, Guadi Galego, Tanxugueiras, Davide Salvado, Kepa Junkera, Pesdelán, entre outros. Impartiu clases en CMTF (Lalín), aCentralFolque, Instituto Piaget, Universidade Popular de Vigo, ESMU Santiago de Compostela, Fingoi, Cantigas e Agarimos… creando un método e programa para o estudo do acordeón diatónico en Galicia.

Xunto a Xurxo Souto elabora dous libros sobre acordeonistas tradicionais de Galicia (Pazos de Merexo e Sindo de Olelas) e xunto a Carlos Quintá elabora un cancioneiro galego de acordeón diatónico pronto a saír.

 

Carlos Quintá

Diplomado en maxisterio. Acordeonista e violinista. Actor. Productor, compositor e músico de Linho do Cuco nos discos 3 (2006); As Alegrías (2011); e Viva viva! (2016). Membro de Oradaladou, co que publica en 2019 Cantigueiro de Cotobade (Ed Galaxia). Membro do grupo de punk/folk Motor Perkins. Membro fundador de Grodan Defló, co que gañan no 2002 o premio Radio Obradoira e grazas o cal graban o seu primeiro e único disco. Músico e actor en directo das compañías de teatro e teatro de monicreques Viravolta, Fantoches Baj e Cía Paporrubio cos que leva centos de actuacións en directo dende o 2002, e para os que compón a música de diferentes espectáculos.

Dende o 2009 é o profesor de Acordeón diatónico na Etrad, escola municipal de música tradicional e folk do concello de Vigo.

Músicos en Chantada
Músicos en Chantada. Autoría: descoñecida. Data: comezos anos 30. Manuel Pérez Fernández toca as cunchas. Arquivo familiar de Sara Rodríguez Pérez.

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS

Todas as vosas aportacións irán destinadas á publicación do cancioneiro: impresión, deseño, revisión e maquetación, documentación, etc. A cantidade que precisamos para facer 500 unidades é de 7300 euros. Non se contempla neste mecenado ningún salario para os autores, só o necesario para a publicación do libro.

CALENDARIO PREVISTO

O libro entrará a imprenta cando se remate a etapa de mecenado, a impresión será en agosto e a primeiros de setembro realizaranse as entregas.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!