Fora
Descripción
Comentarios
Fóra é un proxecto audiovisual que pretende recompilar a historia da oposición á factoría de Ence na súa actual localización. O documental dá voz aos principais protagonistas da oposición a Ence desde as súas orixes ata hoxe. Ofrece decenas de documentos inéditos e o testemuño de moitas persoas que participaron na loita contra Ence.
Recupéranse algunhas historias esquecidas ou pouco coñecidas con soporte de imaxes, moitas delas inéditas.
Fóra ofrece o testemuño dos protagonistas da oposición a Ence desde todos os ámbitos: político, institucional, xudicial, asociativo ou cultural, así como de representantes de colectivos e persoas que desenvolveron iniciativas de tipo persoal.
OBXECTIVO
O obxectivo de Fóra é o de recoller imaxes e testemuños diversos que ata hoxe nunca foron recompilados, e poñelos no contexto histórico e nun soporte, o audiovisual, accesible a todos os públicos. O espectador poderá coñecer a historia da oposición á factoría dunha maneira ordenada, contada polos seus propios protagonistas e con gran apoio de imaxes.
ESTRUTURA
Fóra ofrece 14 capítulos que van recollendo en orde cronolóxica a historia, desde os anos previos á instalación da factoría ata os nosos días.
DURACIÓN
50 minutos
INTERVEÑEN
- Miguel Anxo Lores (alcalde de Pontevedra).
- Leonor González, Nené (expresidenta da APDR e histórica da loita anti-Ence).
- Juan Loureiro (presidente da Federación de veciños Castelao).
- Valentín García Bóveda (Presidente da Asociación Verbo Xido e vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda).
- Antonio de la Peña (arqueólogo do Museo de Pontevedra).
- Pedro Peón (veciño de Lourizán).
- Tere Casal (exvoceira do PSdeG no concello de Pontevedra).
- Sabino Martínez (bateeiro, a última persoa do barrio mariñeiro da Moureira que vive hoxe do mar).
- Xosé Fernando Filgueira (Médico).
- Poetarras.
- Lidia Torres (veciña de Lourizán).
- Luís Rei (Voceiro de Marea no Concello de Pontevedra).
- Carramón (excompoñente de Goma 2, grupo de rock en galego anti-Ence dos anos ’70).
- Tino Fernández (avogado da asociación Selvemos Pontevedra e voceiro do PSdeG no concello de Pontevedra).
- Antón Masa (Presidente da APDR).
- Juan Carlos Pérez (médico e ectivista anti-Ence).
- David Lombao (xornalista, Praza Pública e El Diario).
CRÉDITOS
- Produce: Imaco.
- Director e Guionista: Rodrigo Cota.
- Axte dirección: Ángel Peláez.
- Cámara e realización: Fernando Portela.
- Imaxe aérea (dron): Jaime Magdalena.
- 2do Operador cámara: Thomas Harris.
- Animación 3D: Benito Montenegro.
- Realización: Manolo Yáñez.
- Música orixinal: Sergio Meis.
- Son: Brais Barreiro.
Fóra é un proxecto audiovisual que pretende recompilar a historia da oposición á factoría de Ence na súa actual localización. O documental dá voz aos principais protagonistas da oposición a Ence desde as súas orixes ata hoxe. Ofrece decenas de documentos inéditos e o testemuño de moitas persoas que participaron na loita contra Ence.