Rochi Novoá
Descripción
Comentarios
Muller de papel pretende ser algo máis que unha escolma de poesía, música, arte e fotografía, pretende ser unha exposición aberta , poética e musical.
Partindo dos versos de Rochi Nóvoa Vázquez, comezan a emerxer as acuarelas predominantes na cor lila de Chús Láuzara, as cancións de Antonio I.Fernández, Servando Barreiro, Nacho Martinez, Dani Soldevilla e Castor Pérez Casal xunto con José Luís Pérez Cruz, que fan que as letras collan vida.
Non podemos deixar de lado a importante visión fotográfica de Orenxebre Fotografía, Roberto García Sánchez e Pepe Escano no camiño poético visual onde predomina o branco e negro.
Manolo Pipas,escritor aparece para darlle o primeiro pulo na soleira, como trobador que é.
Muller de Papel mantén unha estética máis aló da palabra poética, xa que a obra aparece presentada nunha caixa de cartón rechea de láminas de fotografía, acuarela e poesía, xunto cun cd , dirixido a un público adulto que sabe apreciar os detalles da delicadeza e da forza.
Pulp
E estaredes a preguntarvos onde meteremos os vosos cartos. Pois aquí vai:
- Deseño e maquetado da caixa e láminas
- Impresión a cor, fotografías e acuarelas.
- Gravación e masterización en estudio da música e dos textos da exposición.
- Produción dos CDs.
- Promoción da caixa de Muller de Papel e o seu contido laminado.
- Gastos de envío.
- Aluguer de espazo para a estrea da presentación da exposición, concerto e recitado.
Agradecementos
Quero agradecerlle a cada un dos participantes desta nova aventura que nunca poñen unha mala cara nin imposibilidades, a Nico que visualiza con facilidade ,a Uxío polo empurrón e á familia e amigos que fan que voe.
Moitas grazas tamén á Fundación Novoneyra por crer no proxecto e apoialo a través desta plataforma.
Muller de Papel pretende ser algo máis que unha escolma de poesía, música, arte e fotografía. Pretende ser unha exposición aberta , poética e musical.