Sobre nós

Saber máis sobre nós

Ith é a unidade-antena para a diversificación do financiamento e a internacionalización da Fundación Uxío Novoneyra e os axentes culturais da súa rede.

Un grupo de traballo para ampliar e diversificar os seus recursos que traballa buscando a innovación na diversificación de recursos e a internacionalización da entidade desde a súa constitución en 2010.

Desde 2013 posúe a única plataforma de crowdfunding especializada en proxectos culturais de Galicia.

Desde 2014 desenvolve a xestión e a comunicación dos proxectos internacionais da Fundación e, desde 2018, asesora e acompaña a terceiros.

Ata hoxe participaron en decenas de proxectos europeos de diferentes programas, ata ser na actualidade a entidade cultural privada de maior proxección internacional de Galicia e do Noroeste Ibérico.

Como entidade de intervención sociocultural, comparte a súa información, recursos e oportunidades e acompaña outros proxectos culturais, polo que evolucionou cara a un modelo de antena colaboradora de oportunidades de financiamento e internacionalización, dotando o sector dun colaborador estratéxico que foxe dos postulados da consultoría tradicional e que se integra como socio nas mesmas.

Misión

Como asume o 5º dos seus obxectivos declarados de interese cultural español polo Ministerio de Cultura (MECD REG: Nº 1037): A potenciación e a difusión da cultura no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.

Impulso

Da vangarda dos campos poético-literario, museístico e de xestión, entre outros, e do fomento de audiencias e da creación, como políticas prioritarias, primando tamén as que acontecen no rural remoto e na montaña.

Compromiso

O noso esforzo, tenacidade e regularidade desempeñando a función de antena de oportunidades para o sector cultural permitíronnos un retorno socioeconómico que varía do x2 ao x10 cada ano desde 2015.

Preguntas frecuentes

Verificado por MonsterInsights